A Festa do Corpus Christi aspira á declaración de festa de interese turístico nacional

A Festa do Corpus Christi aspira á declaración de festa de interese turístico nacional

24 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Entre os requisitos que se deben cumprir para poder optar a esta distinción atópanse ademais de ser unha festa de longa proxección no tempo, que sexa unha celebración con relevancia e repercusión na comarca. Requisitos todos eles que segundo o concelleiro de cultura, Eduardo Reguera, cumpre sobradamente a festa da coca. Aínda que esta declaración non conleva ningún beneficio económico, ao entender do responsable de cultura “incrementaría o prestixio da celebración a nivel galego e estatal e atraería a un número maior de visitantes”.

 

A lenda que xira en torno ás festas da Coca conta que hai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un dragón que de cando en vez se achegaba á vila para levarse a unha moza á súa cova. Así o fixo varias veces, ata que os mariñeiros máis novos se armaron de coraxe e un día acordaron encararse ó monstruo. Así o fixeron e despois dunha dura loita saíron victoriosos. Unha loita que daría lugar co paso dos anos á danza das espadas. Pouco se sabe das Penlas, tan só que chegaron ata os nosos días sen sufrir grandes cambios, excepto no referido á indumentaria. Actúan cos danzantes das espadas, formando un único conxunto  coreográfico.

Institucional