Festa do deporte adaptado

Festa do deporte adaptado
26 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro mes de maio, o pavillón da Xunqueira de San Valentín acollerá a grande festa do deporte adaptado. Falamos con Suso Victoria, secretario da Asociación Cultural e Deportiva Almallo, promotora desta iniciativa.

 

ESCOITA O PODCAST:

Este evento terá lugar os días 11, 12 e 13 de maio. Un dos seus principaios obxectivos é o impulso do deporte adaptado a través da formación e a participación. Baloncesto, tenis de mesa, halterofilia, rugby, boxeo e ata capoeira serán os deportes protagonistas destas xornadas que se celebrarán en Fene. “A presidenta de ASCM falou co Concello de Fene que, de inmediato, se implicou neste evento. Temos á nosa disposición o pavillón da Xunqueira. Esta cita ten moitos eidos diferentes. Ten a parte da formación, de fomentar a capacidade de árbitros e de técnicos especializados en deportes adaptados. Tamén adicaremos aos centros os dous primeiros días do evento porque nos damos conta de que a xente non sae dos centros a competir. Queremos que veñan e participen. Imos ter unhas estacións de sensacións para que todas a persoas que queiran practicar un deporte vexan as opcións que hai. Baloncesto, tenis de mesa, halterofilia, rugby, boxeo e ata capoeira. Hai un amplo abano de posibilidades que poden realizar as persoas con diversidade”, explica Suso Victoria en Radio Fene.

Na imaxe, Suso Victoria, secretario da Asociación Cultural e Deportiva Almallo.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora