A festa do fútbol

A festa do fútbol
09 de Xuño, 2023 - 08:34 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío organiza o seu torneo de fútbol base para esta fin de semana. As categorías alevín, infantil, benxamín e prebenxamín xogarán desde as cinco desta tarde. O domingo xogarase no campo dos Pinares o torneo na categoría infantil. Tamén a S.D. Barallobre e o Cultural Maniños preparan celebracións de fin de tempada.

Fotografía Xan Xe

A Sociedade Deportiva Barallobre organiza a festa de fin de tempada para o sábado dezasete de xuño no campo de fútbol do Ramo. Unha sesión vermú iniciará a xornada no campo do Ramo. Pola tarde haberá un partido dos veteranos que deixará paso a unha gran churrascada. Todo rematará cun baile amenizado por Claudia.
Festa en Maniños
O Cultural Maniños organiza unha churrascada de axuda ao club para o sábado primeiro de xullo. Servirá de celebración do fin da tempada. Humber e Cuco amenizarán musicalmente a velada. Haberá churrascada con chourizos, patacas, viño, refrescos, sobremesa e café. No campo do Pote de Maniños o sábado un de xullo a partir das nove e media da noite.

 

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora