A Festa do Queixo de Arzúa celebra “online” os seus 35 anos

A Festa do Queixo de Arzúa celebra “online” os seus 35 anos

26 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 35 anos e farao innovando, segundo o rexedor arzuán Xaquín García, xa que “é unha constante a que ano tras ano se dedica especial atención”. Con este fin, creouse unha nova identidade do evento cun identificador institucional propio para amosar dun xeito visual e homoxéneo os seus

Segundo os seus promotores, o evento contempla nos seus alicerces aspectos como a tradición, a cultura e o turismo, entre outros, que xeran valor económico, e o consolidan como un proxecto de creación de valor arredor do produto e do territorio, ao tempo que o converten nunha cita fundamental e referencia cultural e gastronómicas de Galicia e do Estado.

Un dos proxectos, dentro da programación de actividades que máis interese esperta, é o concurso de maquetas “Queixo Maquetón”, que se celebra este ano por segunda vez. O seu organizador, José Ramón Bernárdez, séntese orgulloso de ter duplicado o número de maquetas recibidas nesta edición e intúe unha final moi disputada debido á incrible calidade dos traballos presentados.

Outra das propostas, que se celebra por cuarto ano consecutivo, é o concurso de Tapas e petiscos, que se desenvolve nos establecementos de hostalería de Arzúa e que organiza o Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. O seu presidente, Xosé Luís Carrera fixo referencia ao traballo que se está a realizar e que se reflicte no aumento dos niveis de produción que, a pesar das circunstancias económicas actuais, conseguiu pechar o ano cun incremento do 15%. “O Queixo de Arzúa-Ulloa é un motor económico para o noso territorio, polo que tratamos de implicar a toda a cidadanía. Así, véñense programando durante todo o ano diferentes actividades, especialmente para nenos.”

O concelleiro de Cultura de Arzúa, Xosé Luís García, antes de presentar o programa musical e cultural, quixo facer especial mención ao cartel deste edición, un cartel que reflicte o esforzo para realizar a Festa do Queixo e que representa a unión de todos, incluídos os máis novos. O programa musical conta con artistas do país, nacionais e internacionais: Os franceses Rinôçérôse e os murcianos Second actuarán o sábado 6. O Festival Folk terá lugar o domingo 7 coas actuacións de Mutenrohi e Anxo Lorenzo. Por primeira vez haberá degustación de queixo durante os concertos.

Ademais de música, está programada unha intenso número de actividades que están pensadas para todos os públicos, para que toda a cidadanía goce da Festa do Queixo 2010.

Cultura