ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Logo de dous anos de paréntese por mor da pandemia, a Asociación Sociocultual ASCM retoma a celebración do seu aniversario e a festa do voluntariado. Destacou o seu labor en Radio Fene a presidenta da asociación, Paula Gárate.
Conmemoran o 35 aniversario da asociación, haberá bingo solidario, música e farán entrega do premio ao Voluntariado. Será o sábado, día 19. A celebración terá lugar nun xantar no Hotel Narón, ás 14 horas. O prazo para sumarse á celebración remata mañá, venres. Máis de medio cento de persoas voluntarias colaboran coa entidade e a ASCM failles este recoñecemento pola súa implicación desinteresada desde o ano 2005. Este ano a distinción recaeu en María Pita Romero. Elixida por votación online durante máis dun mes. Neste ano foron 14 os finalistas que optaban a este recoñecemento, quedando en terceiro lugar Adán, Silven e Loli empatados en puntos e Rebeca Ogando nun segundo lugar cunha mínima distancia da súa compañeira María Pita, quen resultou ser a máis votada entre as súas compañeiras e compañeiros.
Publica o teu comentario agora