Festa en Maniños para poñer en valor os hórreos

Festa en Maniños para poñer en valor os hórreos
28 de Marzo, 2025 - 02:44 h. | Publicada por Radio Fene

O Colexio de Maniños foi este mediodía unha festa. Familias, profesoras, nenos e nenas asistiron a un acto no que se proxectou o vídeo realizado polo centro educativo arredor dos hórreos. Preséntase ao concurso audiovisual Somos Rural organizado polas ANPAs galegas. Ademais familiares da zona explicaron a rapazada como se vivía hai sesenta anos no mundo rural. Delmira indicou que facían a fornada para cocer o pan cada dez dias. E non había unha protesta, concluíu. Luís contou como almacenaban os queixos nos hórreos. Colgados dunha corda e coa tapa dunha pota enriba para que non puideran chegar a eles os ratos.

Fotografia Xan Xe

O proxecto Documenta Hórrea camiñou esta mañá un novo paso nos Casais. Cuarto, quinto e sexto de educación primaria plasmaron en papel a súa visión do mundo dos hórreos, con novos habitantes como peixes ou cans. Esta mañá inaugurouse a mostra dos traballos realizados polos rapaces e rapazas. Proxectouse o video e tamén felicitaron á comunidade educativa Laura Bouza e Verónica Garcia (Laudas Calamity) e Henrique Sanfiz (Radio Fene). En Documenta Hórrea colaboran Radio Fene, o laboratorio de creación artística Laudas Calamity, a asociación veciñal de Magalofes e agora tamén o CEIP Os Casais de Maniños.

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora