ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As orquestras Panorama e Costa Oeste amenizan mañá a festa de fin de ano en Negreira. Por segundo ano consecutivo a asociación Festexos de Negreira organiza na vila do Barcala unha festa de fin de ano, nada máis e nada menos que o xoves 18 de marzo. En lugar de denominala, festa da xuventude ou da primavera, emulan á despedida do ano e reclaman aos participantes que acudan vestidos de gala.
A iniciativa tivo moito éxito na edición do 2009 a pesar do frío e da néboa reinante da xornada. O festexo comezará ás 11 da noite no campo da feira de Negreira. As 12 da noite a organización repartirá 12 gominolas ou lambetadas da sorte. A unha da madrugada realizaráse unha conexión via satélite coa Porta do Sol de Madrid desde onde se escoitarán as campanadas. A festa proseguirá ata altas horas da madrugada, cando se servirá chiculate con churros. A xolda pode ser a despedida da asociación Festexos de Negreira xa que a maioría dos seus membros manifestaron a súa imposibilidade de continuar con esta actividade. Por iso están xa no ar a celebración das festas do San Cristovo en xuño e dos festexos de setembro.