ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Concellería de Deportes de Fene organiza unha festa acuática para despedir o curso nas escolas municipais de piscina. Será o vindeiro sábado, 18 de xuño, nas instalacións de Centieiras e poderá asistir o alumnado das escolas municipais matriculado no mes de maio en natación para bebés, 1a infancia ou natación infantil (iniciación e perfeccionamento). Haberá inchables acuáticos e multitude de xogos para todos os participantes.
A xornada desenvolverase atendendo ao seguinte cronograma:
De 10.00 a 11.00 horas será a festa para BEBÉS que, nesta ocasión, poderán estar acompañados de dúas persoas adultas.
De 11.00 a 12.00 horas será a festa para o alumnado de 1a INFANCIA, acompañados dunha persoa adulta.
De 12.00 a 13.00 horas, será a festa para o alumnado de natación INFANTIL que deberá acceder á piscina sen acompañante.
Publica o teu comentario agora