Festa saborosa

Festa saborosa
08 de Novembro, 2025 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Cita gastronómica na parroquia de Magalofes. Degustación de carne de poldro na Asociación Veciñal. Falamos dos preparativos da festa co presidente da Asociación Veciñal San Xurxo de Magalofes, Manuel Pico.

ESCOITA O PODCAST:

A escoller. Estofada ou ao ferro. A tradicional degustación de carne de poldro atrae moita xente, pola súa calidade. Serviranse uns 170 quilos de carne de dous poldros noviños. Duascentas persoas fixéronse cunha reserva para saborear este manxar. A partir das nove da noite comezarán servirse as racións. Este ano de sobremesa haberá castañas. Ao remate da paparota haberá música ao vivo. Co ferrolán Fran Nogueira. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora