Festa saborosa en Limodre

Festa saborosa en Limodre
09 de Agosto, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Orella, tripas, liscos...haberá moito para elixir na Festa da Orella de Limodre, unha das principais citas gastronómicas de Fene. Vaise celebrar o domingo 20 de agosto, no Parque da Hortiña. A presidenta da Asociación Veciñal de Limodre, Ana Santiago, avanzou detalles do programa da 27 Festa da Orella en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Gozar dos sabores do porco, en boa compañía e con variada oferta musical é unha tradición xa consolidada en Limodre. O terceiro domingo de agosto esta parroquia de Fene acolle a Festa da Orella, que este ano chega ao seu 27 aniversario. 350 racións de orella, 200 racións de tripas e 300 bocadillos de liscos estarán listos para consumir o 20 de agosto en Limodre. As racións, acompañadas de pan e viño ou auga, serviranse a partir das dúas. O tiques poñeranse á venda desde a unha. Da animación faranse cargo distintas agrupacións durante toda a xornada. Un cuarteto local de música galega amenizará a xornada, despois A CoRRal PoliAfónica do Aturuxo de Melpómene interpretará, ao seu xeito particular, cancións coñecidas e o grupo Folk BRIXTA ofrecerá o seu repertorio musical. Para rematar H&C (Humberto e Cuco) animarán a bailar a todas as persoas asistentes. Domingo 20 de agosto, 27 Festa da Orella, no Parque da Hortiña a partir das 13.00 horas. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora