Festa sorpresa

Festa sorpresa
15 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“A finais de verán temos preparada unha sorpresiña gastronómica”, afirma Luís Fraga, presidente da SCRD Agarimo de Sillobre, unha entidade que xa ten tamén data e novidades para o VIII Encontro de Lavandeiras.

ESCOITA O PODCAST:

A Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva Agarimo acaba de estrear o xogo do bingo cun enorme éxito entre a veciñanza. Ten lugar un sábado ao mes pero vai camiño de facerse máis veces. Os gañadores reciben como agasallos diferentes produtos gastronómicos. Precisamente, coa gastronomía como protagonista están a argallar en Sillobre unha importante festa sorpresa para finais de verán. “Será despois de San Ramón”, adianta Luís Fraga. O presidente da SCRD Agarimo amósase tamén ilusionado coa vindeira celebración do VIII Encontro de Lavandeiras. Será o sábado 6 de maio. “Este ano vai haber un pequeno cambio. Normalmente o faciamos sempre a partir do mediodía pero esta vez empezaremos ás doce da mañá xa coa recreación, retomaremos a viaxe en barco, haberá actuacións musicais con Airiños de Fene e o grupo Tanto nos ten. Animamos á xente a vir. Vanno pasar ben, seguro”.



Na imaxe, Luís Fraga, presidente da SCRD Agarimo de Sillobre.

Fotografía: Xarda.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora