As festas de agosto da Coruña preséntanse o luns

As festas de agosto da Coruña preséntanse o luns

20 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Concello da Coruña dará a coñecer o vindeiro luns o cartaz das festas do verán da cidade herculina. Unha das citas máis agardadas celebraráse o venres 14 e sábado 15 de agosto na praia de Riazor. Trátase dunha nova edición do Noroeste pop rock.

Antes das festas de agosto, o vindeiro 3 de xullo, Miguel Bosé actuará no Coliseo. Para a apertura dos festexos de María Pita, poderíase contar con Pitingo. Outros artistas que semella que xa fecharon o seu contrato co Instituto Municipal Coruña Espectáculos son Raphael, La Unión, Hombres G, El Consorcio e Calle París.

Sociedade