Festas do Carme en Maniños

Festas do Carme en Maniños

10 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Coincidindo coa celebración da festa do Carme na parroquia, Sociedade O Pote de Maniños será o escenario o próximo domingo, 12 de xullo, da XI Degustación de Ameixa da Ría. O encontro gastronómico comezará ás sete e media do serán no campo da festa da entidade fenesa e contará co acompañamento musical do grupo Machucambos del Eume.

A Festa da Ameixa da Sociedade O Pote naceu hai once anos como unha maneira de apoiar aos mariscadores/as da cofradía de Barallobre nun momento de dificultades para o sector. Segundo explicou esta mañá a Radiofusión o presidente da entidade, Gerardo Perez Sas, na edición deste ano repartiranse ao redor de 300 kilos de ameixas a prezos populares.
Ás sete e media do serán comezará o vindeiro domingo a XI Degustación da Ameixa da Ría, organizada pola Sociedade O Pote. De tódolos xeitos, antes do encontro gastronómico, a celebración da festa do Carme na parroquia de Maniños principiará ás dez e media da mañá coa saída da igrexa da tradicional procesión de Nosa Señora do Carme. Para as once anúnciase unha misa no peirao, cantada pola Coral do Pote e, ao remate, comezará  a procesión marítima. Como é habitual, no devir do percorrido pola ría, realizarase unha ofrenda floral. Os actos están organizados pola Cofraría do Carme da parroquia de Maniños.

Sociedade