ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O San Froilán 2013 preséntase con 150 actividades adaptadas a todos os gustos e reforzando ao ambiente da rúa. Entre o 4 e o 12 de outubro actuarán grupos como Love of Lesbian, Obús, Charo Reina, Os Resentidos, e grupos da cidade como Arrythmia, Vrásica ou Sarabela Folk. Segundo o Concello de Lugo, o festexo, ademais de ser festa e diversión resulta un motor importante para a economía da cidade. Ata 120 dos actos programados son musicais e estará
A responsable da área de Cultura destacou que a diferenza con outras edicións é que se reforza as actividades da rúa con máis pasarrúas e espectáculos como o de Calaveras e Diablitos. Outra das novidades é que se recuperan as sesión vermú dous días, o sábado 5 dende as 13:15 co grupo Batital na Praza da Soedade, e o sábado 12 á mesma hora na Praza Maior coa orquesta Costa Dorada.
Un clásico do San Froilán son as verbenas que as haberá todos os días da semana pero coa novidade de que comezan entorno ás 21 horas, máis cedo que en anos anteriores para promover o descanso dos veciños.
Domingo das Mozas
O domingo día 6, Domingo das Mozas e Día do Traxe Rexional Galego, terá lugar a tradicional ofrenda á Rosalída de Castro, que este ano será a cargo da poeta Olga Novo e no que tamén participará a cantante Rosa Cedrón interpretando varios poemas para conmoraro 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Ese mesmo día, nas rúas do centro, terá lugar a XV Mostra de Música Tradicional na que participan numerosas asociacións de gaiteiros galegos. Pola noite terá lugar o espectáculo Cantando a Galicia no que os cantantes Rosa Cedrón, Sito Sedes e Paco Lodeiro, farán unha homenaxe á verbena popular galega ma Praza de Santa María.
Outras actividades
Entre o 4 e o 12 de outubro a cidade tamén acollerá outras actividades como son a I Feira Turística do Eixo Atlántico “Expocidades” entre o 3 e o 6, a Feira do Mel o día 6 na Plaza de Abastos ou tamén os días 5 e 6 será a Mostra agrogandeira ExpoLugo no Pazo de Feiras e Congresos.
Ademais, tamén este ano terá lugar a “Letra das Festas”, un acto moi especial que servirá para recuperar anécdotas do San Froilán de hai 50 anos. O Círculo das Artes é o escenario escollido para esta xuntanza que empeza ás 19:30 horas e ten as portas abertas a todo o público e organizadas Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
San Froilán Miúdo
Un ano máis tamén se vai celebrar nos xardíns da Deputación de Lugo, o San Froilán Miúdo, que recolle 16 actividades diferentes diferentes para nenos e nenas todos os días en horario de tarde. Por primeira vez, tamén se inclúen actividades para bebés dentro deste programa do San Froilán Miúdo. Outra das actividades destacadas, en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, é unha clase interactiva de cociña para nenos e nenas aos que se lles ensinará a diferenza entre alimentos e como cociñalos ademais da importancia de ter unha dieta saudable. Esta terá lugar o mércores 9 de outubro dende as 17.00 horas.