Festas en honor ao San Vicenzo

Festas en honor ao San Vicenzo
22 de Xaneiro, 2026 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

En Mehá (Mugardos), Caamouco (Ares) e Reguela Cabanas celebran o San Vicente ou San Vicenzo. O grupo de gaita Trouleada empeza a percorrer a partir das tres e media desta tarde a parróquia de Mehá. A festa do chourizo crioulo será mañá venres. A orquestra Origen e o DJ Nacho Redes animarán a verbena. O sábado churrascada e sesión vermú co dúo Veneguay. Pola noite verbena con Veneguay e  La Bamba. Os organizadores agardan que este ano o tempo acompañe.

Fotografía Xan Xe

Alicia Pena avisa que non se poderá facer botellón na carpa. Por respecto ao Galicia de Mugardos, que cede as súas instalacións.

 

Imaxe da orquestra América de Vigo nas festas dos Santos de Perlío (2023)

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora