ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“A mellor maneira de despedir o ano, facendo deporte e pasándoo ben”. Cumpre dez anos a popular Carreira San Silvestre de Fene que se celebra o sábado, día 28, en San Valentín, a partir das cinco da tarde. O concelleiro de Deportes, Adán Chao, informou dos últimos detalles da organización en Radio Fene.

“De Cali, de Castellón, da Coruña, As Pontes…e de Fene”. A X San Silvestre de Fene reunirá corredores de todas partes, semiprofesionais e familias. Co obxectivo de gozar correndo, ou andando, porque están abertas as dúas posibilidades. Máis de 200 persoas anotadas para a carreira e máis de 100 para a andaina dan idea da festa que se prepara. “Esperamos que sexa un día no que poidamos gozar todas as persoas en familia e pasalo estupendamente”, di o concelleiro de Deportes. As cinco da tarde comezarán as categorías máis pequenas, a partir das seis e media partir das cinco da tarde As persoas participantes deberán retirar o dorsal – chip o venres, día 27 de decembro, no Salón de Plenos do Concello de Fene – Planta baixa (Praza do alcalde Ramón José Souto González) en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Tamén se poderá recoller o propio día 28 de decembro no Pavillón da Xunqueira ( San Valentín) de 10:00 a 13:00 e 15:30 a 16:30 h.
Publica o teu comentario agora