ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Boa colleita a do Maniños esta fin de semana. 6-1. Derrota contundente sobre o Atlético dos Castros. Confirmaron no Pote a vitoria que xa conseguiran no partido de ida sobre as coruñesas que van de penúltimas clasificadas mentres o Maniños afianza a súa posición, e está na sétima posición.
“O resultado dio”, avalía o encontro o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo que felicitou ás xogadoras pero non quere que se relaxen. “Nora boa, pero isto non para”, díxolles. “Penso que o resultado é avultado, elas teñen un bo equipo, pero chegaron moi xustiñas”. “Tiñamos o partido preparado, non podemos relaxarnos no banquiño hai que estar concentradas ao máximo, temos moitas cousas que mellorar”, opina. Lorena Saavedra marcou cinco dos seis goles do Maniños, o primeiro aos 3 minutos do comezo. “É unha veterana que traballa moi ben, pero o fútbol é un deporte colectivo, para que ela marque goles teñen que servirlle balóns”. O sexto foi obra de Lucía Calvo, que marcou ao pouco de saltar ao campo substituíndo a Paula Varela. E o gol da honra do equipo dos Castros marcouno Sara Sánchez.
Publica o teu comentario agora