ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Trece goles no campo do Pote no partido que disputaron o Maniños e o Sofán da Preferente Futgal. Maniños 7-5 Sofán. Goles que non son do gusto de todos. “Cando metes tantos goles é moi bonito, pero encaixar cinco aos adestradores non lles gusta tanto”, recoñece Adrián Martínez, preparador do Maniños.

“Estou contento pola efectividade dos meus xogadores ofensivos, a nivel defensivo hai que mellorar”, opina Adrián Martínez. Nun partido que en principio parecía con pouco ritmo a efectividade dos xogadores ofensivos e a veces a pasividade das defensas fixo que houbera unha xeira de goles impresionante”. Satisfeito por rematar a Liga cunha vitoria e darlle unha pequena alegría á afección. Toca agora pensar na final da Copa Ferrol que disputarán o Maniños e o Val o sábado ás seis e media da tarde no campo da Pedreira en Mugardos.
Publica o teu comentario agora