ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Festival de Inverno en Limodre. Por iniciativa dos organizadores do Felicia POP. Terá lugar o día 22. Servirá de lembrar a unha banda moi reputada de Barcelona, Los Negativos, que nunca tivo ocasión de actuar no Felicia POP, como contaba Nicolás Vidal.
“Desde a Asociación Felicia de Limodre, encargada desde hai vinteseis anos de organizar o Felicia POP Festival pensouse que entre verán e verán pasa demasiato tempo”. Así xurdiu a día de organizar este Festival de Inverno, explicou Nicolás Vidal. Vaise dedicar a Los Negativos, “un grupo marabilloso que ten unha traxectoria moi reputada a nivel de crítica que sacou cinco discos exquisitos de pop”.
Na Escola de Limodre vaise proxectar o documental Graduados en Underground, do director Victor Carré, ás 19:30 horas, con presentación a cargo de Fernando Campillo, produtor do documental; o biógrafo Alex Oró e Carles Estrada, baixista e compositor de boa parte das cancións do grupo. Con entrada gratuíta. E despois concertos. A partir das dez e media actuacións de Carles Estrada, algúns dos éxitos que formou parte de Los Negativos, acompañado pola banda compostelana Espiño Band. Ás doce menos cuarto a banda de Pontedeume Involukra2 e para o remate baile con picadiscos. Entradas 8 euros. Máis información no Facebook do Felicia POP.
Publica o teu comentario agora