ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha exposición fotográfica e lendas teatralizadas son algunhas das propostas culturais que acollerá o castelo de Moeche antes da celebración do Festival Irmandiño. O técnico de Turismo de Moeche, Ramón Carballeira, informou en Radio Fene do amplo abano de actividades previstas para estes días
O Festival Irmandiño é unha das grandes citas do mes de agosto na comarca. A 44 edición celébrase na fin de semana do 18 ao 20 deste mes en Moeche. Mentres se ultiman os preparativos do festival, no Castelo de Moeche pode visitarse estes días unha exposición dos traballos sobre natureza e paisaxe do fotógrafo mugardés Álvaro Lamas. Ademais, a Escola Municipal de Teatro ofrece ese venres a Noite de Lendas.
“Lost in Woodlands Photography” é o nome do proxecto co que Álvaro Lamas retrata fragas, ríos e puntos costeiros espectaculares. Poderá verse na remodelada sala de exposicións do Centro de Interpretación das Revolucións Irmandiñas ata o 30 de setembro.
Na Noite de Lendas, a Escola Municipal de Teatro, dirixida por Pepablo Patiño, servirase dun peregrino que camiña a Santo André para narrar as historias do Mariscal Pardo de Cela, o Roi Xordo, o Lobishome de Moeche, o malpocado Vasco o Trobador e a lenda dos sartegos medievais da capela de San Xiao dos Ósos, en Labacengos.
Publica o teu comentario agora