As fillas bravas no IES de Fene

As fillas bravas no IES de Fene

16 de Novembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe comezan as actividades programadas pola concellería de Igualdade de Fene que dirixe o concelleiro, Joaquín Ayala, en relación coa violencia de xénero. Faino cun teatro con perspectiva de xénero, destinado ao alumnado de 4º da ESO e Bachelerato do IES Fene. Representan a obra “ As fillas bravas” do grupo Chévere Teatro, na salón de actos do centro de Barallobre, ás 12:25h. Un mural realizado polo alumnado do IES Fene dar&aacute

Teatro.

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.
Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero. Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.
As Fillas Bravas é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.

Obradoiros.

Mañá martes 17 comezarán os obradoiros de reciclaxe de xénero, creados para traballar co alumnado a temática abordada na obra de teatro; empoderamento, roles, coeducación e violencia de xénero, ocio, redes sociais, cine, musica, etc. Os obradoiros contan cunha unidade didáctica destinada ao profesorado.

Durante a segunda mitade do mes de novembro lucirá unha pancarta na porta da casa do concello manifestando o rexeitamento de Fene á VIOLENCIA MACHISTA xunto a un mural elaborado polo alumnado do IES Fene, onde figuran os datos estadísticos das mulleres asasinadas neste ano 2015. Haberá unha vela acesa e unha flor lila por cada muller asasinada no que levamos de ano, xunto a un recordatorio da vítima e dos fillos e fillas vítimas tamén da violencia machista.

Sociedade