As Fillas de Cassandra no Irmandiño de Moeche

As Fillas de Cassandra no Irmandiño de Moeche
12 de Agosto, 2026 - 04:53 h. | Publicada por Radio Fene

Era o ano 1980. Un grupo de veciños e veciñas de Moeche propuxeron organizar un festival de música e cultura galega. O evento serviría para reclamar a recuperación do histórico castelo dos Andrade que a cidadanía tivera que reconstruir despois da revolta irmandiña. Houbo coincidencia absoluta no nome pero poucos supoñían que a cita cumpriría 46 anos. 

O Festival Irmandiño de Moeche é unha referencia na comarca de Ferrol. O programa presentouse esta mañá no castelo. O venres haberá unha foliada. O domingo actuará No cómbaro e Leirana que tamén ofrecerá un obradoiro de baile o sábado. Pronunciará o pregón Alba Mancebo, do asalto ao castelo de Vimianzo. Este ano actuarán alí Os de Abaixo, Fillas de Casandra, Zenzar, Xose Lois Romero e Aliboria. O presidente da asociación Irmandiños Alexandre Campos convidou a todo o mundo a visitar Moeche o venres, sábado e domingo da vindeira semana.

Cultura

Publica o teu comentario agora