Fillos do océano

Fillos do océano
05 de Setembro, 2021 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Galicia, cos seus máis de 1.200 quilómetros de costa, 125 portos pesqueiros e 60 lonxas, atopa no mar a súa identidade, así como un dos principais piares da súa economía" afirmase na exposición "Fillos do océano". Tamén en Fene e Perlío, a pesca era unha actividade fundamental no século XVIII. No Catastro de Ensenada recóllese a denominación de "camiño das Redes" o vial que uniría a actual rúa das Telleiras coa zona da Xunqueira de San Valentín. 

ESCOITA O PODCAST:
Almudena Marcos (Museo do Humor de Fene) e Verónica Rego (Abanca)

A exposición Fillos do océano recolle unha síntese das mellores imaxes que o fotógrafo Javier Teniente tomou, durante varios anos, nunha viaxe por comunidades pesqueiras tradicionais de todo o mundo. Trátase dun percorrido fotográfico único polas poboacións costeiras do cinco continentes, composto por máis de setenta imaxes. Pode visitarse ata final de mes na Casa da Cultura de Fene. Esta iniciativa é parte do proxecto Corrente cultural que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Fillos do océano é unha exposición de fotografía documental que presenta a forma de vida de poboacións que aínda subsisten grazas á pesca artesanal en varios países. Organiza Abanca e AFundación.

Sociedade

Publica o teu comentario agora