FIMO convértese nun referente do mundo da micoloxía

FIMO convértese nun referente do mundo da micoloxía

07 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O V Encontro Internacional de micoloxía do Arco Atlántico, que se celebrará no recinto feiral de Punta Arnela comeza este venres 9 de outubro. O programa de actividades desenvólvese dende este venres ata o luns 12 de outubro en FIMO. O foro organízase pola Asociación Micolóxica Viriato e polo Consorcio Pro Feiras e Exposicións de Ferrol co patrocinio do Concello e da Deputación Provincial da Coruña. Paralelamente, celébrase en FIMO

No encontro impartiranse diferentes conferencias en torno aos fungos e cogomelos. Estas versarán sobre "Os fungos agaricoides, secotioides e gastroides, unha evolución ao aforro hídrico", a cargo do profesor Gabriel Moreno, do Departamento de Bioloxía Vexetal da Universidade de Alcalá de Henares. Outra das conferencias titúlase "Efecto de prácticas culturais nos fungos asociados ao cultivodo castiñeiro". Esta charla irá seguida da presentación dos resultados dun estudo no Norte de Portugal con Guilhermina Marques e Afonso Martins. Tamén se abordará o tema dos metais pesados e outros contaminantes nos cogomelos, os macromicetos curiosos dos sistemas dunares galegos ou a micoflora dos eucaliptos. Este último tema abordarase por Marcos Lago, integrante do Grupo Micolóxica Galego.

Ademais deste ciclo de charlas prográmanse saídas ao campo. Tamén haberá dúas excursións alternativas pola ría de Ferrol, as praias da comarca ea Costa Ártabra. Serán esta sábado eo domingo. O programa do V Encontro Internacional de micoloxía completarase cunha actuación do Real Coro Toxos e Froles e sesións de identificación de cogomelos.

Cultura