Fin de semana de baile

Fin de semana de baile
21 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene convértese esta fin de semana na capital do baile. Ao redor de mil trescentos bailaríns competirán durante dous días no pavillón da Xunqueira, en San Valentín, que acollerá a celebración da Liga Xunta de Galicia de Hip Hop “Galician Dance Tour Fene”  e do XIII Trofeo de Baile deportivo - Concello de Fene.

Este sábado, día 21  de marzo, desenvolverase en San Valentín  a Liga Xunta de Galicia  de Hip Hop: "Galician Dance Tour Fene". Nesta competición inscribíronse 700 participantes, distribuídos en 13 categorías diferentes. Acreditacións ás 11h e inicio da competición ás 12h. A entrega de premios será ás 19.40 horas.

O domingo 22 de marzo terá lugar o "XIII Trofeo de Baile deportivo - Concello de Fene", que nesta edición será tamén sede do "Circuito Ibérico ICO 2026" (Competición conxunta de España e Portugal) e no que participarán 600 bailaríns e bailarinas nas categorías de bailes caribeños, danza coreográfica, standard, single e latinos. Disputarase a partir das 9h ata case as 21h. A apertura de portas será ás 8.30. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora