ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O judo galego dáse cita en Fene, no pavillón da Xunqueira, en San Valentín, que acollerá unha doble cita deportiva esta fin de semana

A 4º Xornada da liga Rías Altas de Judo dispútase este sábado en Fene, no pavillón da Xunqueira. Reuniranse judocas desde categoría benjamín ata absoluta de toda a comunidade galega e Castela e León. Participarán 480 nenos e nenas, desde as 9:30 da mañá ata as 18h da tarde, ininterrompidamente. Comezará a categoría infantil, e pechará a xornada a categoría absoluta competindo por equipos. Esta xornada está organizada pola AD Judo Ferrolterra e Escola Judo Fene coa colaboración do Concello de Fene.
O domingo 15 de febreiro, tamén no pavillón da Xunqueira en San Valentín, a AD Judo Ferrolterra celebra os exames de pase de grao desde branco a branco-amarelo, ata laranxa-verde. Serán máis de 130 judocas, que adestran nas distintas sedes do club na comarca de Ferrolterra, que demostrarán as técnicas aprendidas no que vai de curso para poder pasar ao seguinte grao de cinto.
Publica o teu comentario agora