Fin de semana de xogos

Fin de semana de xogos
06 de Novembro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Artabrian Weekend. Do 14 ao 16 de novembro. Unha fin de semana para xogar da que deu detalles en Radio Fene Juanma Sánchez, da tenda Cáprica. 

ESCOITA O PODCAST:

Moitos xogadores chegados de toda España acudirán á segunda convocatoria do Artabrian Weekend, evento que se vai celebrar no Pazo do Monte, en Ferrol, organizado por Artabrian Nights. Juanma Sánchez explicounos como son este tivo de encontros que atraen xente afeccionada aos xogos de cartas. Repartiranse 12.000 euros en premios e terá. Na competición haberá torneos clásicos de Magic e incorpóranse algunhas novidades. Juanma Sánchez tamén informou de que cinco xogadores de Ferrolterra, convidados por Cáprica, participarán esta fin de semana noutro evento. A final da Liga Pauper Galicia que se vai disputar en Pontevedra. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora