Fin de semana previa ao Nadal

Música e teatro redondean a axenda da fin de semana en Ferrol
18 de Decembro, 2020 - 10:19 h. | Publicada por Radio Fene

Axenda de fín de semana en Ferrol chega cargada de música e teatro. A Real filarmonía de Galicia hoxe; mañá o teatro de William Shakespeare e o domingo teatro musical para todos os públicos.

A Real Filarmonía de Galicia ofrecenos esta tarde ás 20.30h no Auditorio Municipal un concerto organizado pola Sociedade Filarmonía Ferrolana no Auditorio Municipal ferrolán. “In nomina domine” covértese nun concerto de homenaxe ao Padre López Calo (1922-2020) en coprodución con Amigos da Ópera de Santiago. Dirixe Maximino Zumalave un repertorio formado por obras de J. Arriola, Johann Sebastian Bach e Franz Joseph Hayden. O prezo das entradas é de 15€. Os socios-as con entrada gratis.

O sábado 19 ás 20.30h chega o teatro clásico ao Xofre con “Macbeth, o ruído e a furia” de Estudo Momento. A traxedia celta de William Shakespeare non pode encontrar mellor escenario. Atmosferas de néboa, chuvia, escuridade e misterio. Versos de terra, vento e sangue. Meigas que se transforman en feiticeiras “retranqueiras” e se mofan das debilidades humanas. Porque falar de maxia e misterio é falar de meigas. Falar de meigas é falar de Galicia. E en Galicia, se falamos de meigas… “Habelas, hainas!”. Prezo das entradas: 8€. Se non podemos acudir ao teatro, pódese gozar en directo por streaming, dispoñible desde o sabado ás 20.30h ata o domingo ás 23:59h. accedendo á páxina: ttps://www.ferrol.gal/axenda_cultural/gal/entrada/macbeth__o_ruido_e_a_furia

Para rematar esta semana previa ao Nadal,  un compendio de todas as artes co Concerto Fusión Píscore, o domingo 20 de decembro ás 12:30h. Un espectáculo para todos os públicos. Nesta producción fusionanse música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo. Tamén incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco. Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que, o que podería ser un desastre, se convirta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Prezo das entradas: 2€

Cultura

Publica o teu comentario agora