A fin do amor

A fin do amor
15 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Moitas parellas rompen no verán. No tempo de ocio descobren que non se soportan. O aumento dos divorcios é a cara amarga das vacacións. De divorcios falamos en Radio Fene coa avogada María Álvarez Real. 

ESCOITA O PODCAST:

“Máis rápido, psicoloxicamente menos duro, máis barato e máis sinxelo”. A letrada recomenda optar polo mutuo acordo no caso de ruptura. Iso si, María Álvarez Real deixa claro que se un quere o divorcio sempre é posible. “Independentemente de que a outra parte non queira ao final imos ter unha sentenza de divorcio, as condicións non teñen por que ser as que nós estipulemos, pero sempre se vai conseguir o fin último do procedemento, que é o divorcio”. Se hai fillos sempre se deben tramitar no Xulgado, porque intervén a Fiscalía de menores. Se non, tamén é posible zanxar o matrimonio pasando pola Notaría.

Sociedade

Publica o teu comentario agora