ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Carvalho Calero como lingüista e literato, abarcouno todo, afirma o escritor Henrique Dacosta. Carvalho soubo demonstrar a súa elevada estatura moral e a súa admiravel ética e dignidade. Sempre respondeu aos ataques com fina ironía e benévolo humorismo.
Henrique Dacosta foi o convidado esta mañá no club de lectura da Radio Fene Radiofusión. A súa biografía “Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético” editada por Xerais é un libro ameno, didáctico do que gustaría o profesor. Conversaron co escritor ferrolán, a directora dos Roteiros de Carvalho Calero, Loreto de Castro; Henrique Sanfíz, Antonio Casal, de Ferrolterra Antiga e María Xesús Arias.
“A postura antilusista ou seja separatista, ou isolacionista, tem sentido de umha perspectiva castelhanista. O que estime que o galego é umha antigualla inservivel, ou simplesmente um expediente antieconómico, ou um insidioso atentado contra a unidade nacional, debe ser antilusista e antigaleguista, debe confessar-se abertamente castelhanista en materia idiomática” afirma no seu libro “Da fala e da escrita”.
Publica o teu comentario agora