Fito y Fitipaldis actúan en Ourense o vindeiro sábado 20

Fito y Fitipaldis actúan en Ourense o vindeiro sábado 20

11 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Antes de que cuente 10 é o novo traballo co que o grupo de Bilbao vén de acadar o dobre disco de platino. Tralo seu exitoso paso pola Coruña e Vigo no pasado mes de novembro, recalan agora en Pontevedra e Ourense os vindeiros 19 e 20 de marzo.

Antes de que cuente 10 chega a Ourense con tres premios da música baixo o brazo: mellor álbum de rock, mellor canción (para "Antes de que cuente 10") e mellor produtor artístico para Carlos Raya. Ademais, Fito vén de recibir tamén un premio Ondas ao mellor artista.

Fito y Fitipaldis acompañaranse de La Cabra Mecánica para estes concertos e estarán, no recinto feiral de Pontevedra, o venres 19, e en Expourense o sábado 20. 

As entradas custan 23 euros e están á venda nos seguintes puntos: Red Ticketmaster, Fnac, Carrefour, Oficinas Viajes Halcón, Discos Portobello (A Coruña), Tenda A Reixa (Santiago D.C.), Elepé (Vigo), Don Disco (Lugo),Hiperfroiz Vilagarcía sección discos (Vilagarcía), Peggy Records (Ourense).

Cultura