A flota de arrastre conclúe que só se pescou o 55% da cota de xarda

A flota de arrastre conclúe que só se pescou o 55% da cota de xarda

09 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

3 millóns e medio de kilos é o montante de cabala capturado pola flota de arrastre da cornisa cantábrica. Esto supón un 55 por cento da cota total asignada para este ano 2011 e que ascende a 6 millóns trescentos mil kilos.

Ó tempo que remitían os datos ó Ministerio de Medio Mariño, as asociacións de aramadores do cantábrico dende o País Vasco ata a costa galega foron sumando os datos das capturas dos 109 barcos que están a traballar na pesquería da xarda.
Onte expiraba o prazo de 48 horas que o sector galego dera á Ministra Rosa Aguilar para que repasase os datos entregados, verificase as cifras e reabrise a campaña. Pero  dende Madrid non se enviou ningunha comunicación oficial.
Por este motivo arranca hoxe a movilización. A flota de arrastre espera reunir máis dun milleiro de persoas frente a Delegación do Goberno en A Coruña. O seu obxectivo é reclamar o 45% de xara que lles queda por pescar. A concentración prevista para hoxe comezou ás 12 frente a delegación do goberno en A coruña e estaban chamados tódolos armadores galegos. Tamén solicitarán reunirse co delegado  Antón Louro para que medie ante o executivo socialista xa que para o sector manifestan  que non teñen ningunha liña de diálogo aberta.
O presidente de Pesca Galicia, Torcuato Teixeira destacou que non se pode comparar a campaña deste ano coa do pasado 2010, que foi moito máis longa xa que comezara o 1 de xaneiro e tiña como tope 16 toneladas de cabala. Na pesquería actual comezouse o 25 de febreiro con menos barcos e a cota viuse reducida á metade, 8000 kilos.
A Secretaría Xeral do Mar está a analizar os datos remitidos polo sector do arrastre, pero sinala que a información transmitida está incompleta e presentada de maneira heteroxénea sen cumplir o formato establecido pola Orde Ministerial.
Dende o Ministerio de Medio Mariño admiten que nesta ocasión se esta extremando a precaución sobre a pesca da cabala, pero non queren que se repita o caso do 2010, no que se superou a cota en varios miles de kilos. O peche cautelar da campaña considerase unha medida cautelar para que as medidas punitivas de Bruxelas non obriguen a pechala definitivamente nos próximos exercicios.

Institucional