Fogos artificiais

Fogos artificiais
10 de Marzo, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Historia da fábrica Pirotécnica de Maniños fundada en 1915. Cap I

Antonio García Díaz funda en 1915 a empresa “Pirotécnica de Maniños” no lugar de Cornide da mesma parroquia fenesa, para adicarse á fabricación de todo tipo de fogos de artificio. A pirotécnica levará o nome de Maniños por boa parte de Galicia e converterase nunha das catro fábricas deste tipo máis importantes da provincia da Coruña, segundo lembra o neto do fundador, Xiao Couto. Un dos membros fundadores, Francisco García Pazos, adoptou desde o principio ideas innovadoras, chegando a convertirse nun dos fogueteiros de máis sona no norte da península. Acadou a medalla de ouro nun concurso de fogos de artificio en Santander e o primeiro premio noutro certamen a cidade de Porto. Entre as novidades que introduciu no sector está o invento do explosivo "cloroxina" cuxa patente vendeu á fábrica onubense Río Tinto. O mesmo Francisco García inventou a figura do "afiador" que se botou nunha festa das Peras de Pontedeume con grande éxito. Para máis fachenda, foi o primeiro en lanzar fogos acuáticos que poideron verse en festas da provincia da Coruña.

Sociedade

Publica o teu comentario agora