"Foi un acto ben bonito e para mín moi emotivo"

"Foi un acto ben bonito e para mín moi emotivo"
24 de Novembro, 2024 - 11:06 h. | Publicada por Radio Fene

“O meu libro pretende falar das rupturas entre a xente que lle gusta a natureza e o deterioro do medio ambiente. Falo das terras sagradas, algo que perdemos na nosa cultura. Meu pai naceu na aldea, ven de traballar no mundo industrial, pero xa xubilado, púxose a coidar un souto e iso é un exemplo de que a terra pódese conservar” indicou Roberto Hermida, gañador do Premio Pérez Parallé de poesía co libro “Pequena vida salvaxe”.

Entrega do Premio Pérez Parallé de poesía

“Os pequenos seres poden reconciliarnos co territorio. Na miña cabeza estaba cando escribín este poemario, unha paisaxe agraria, e vexo o seu deterioro, como vai cambiando para peor”apunta o escritor nacido en Vilagarcía de Arousa, pero residente nas Pontes.
A presidenta do Circulo de Fene Paula Romero, o alcalde de Fene Juventino Trigo e o gañador do ano anterior Carlos Carracedo entregáronlle o galardón a Hermida, nun acto no que tamén recitaron poemas Gisele Mato, Sara Plaza, Regina Touceda e Marisol Gándara. Como colofón, actuou a rondalla Estrelecer.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora