Foise arriba e conseguiu premio

Foise arriba e conseguiu premio
28 de Setembro, 2026 - 12:07 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre non puido puntuar na Segunda Futgal tras caer pola mínima (0-1) ante As Pontes no campo do Ramo, nun encontro que se resolveu cun solitario gol visitante nos compases finais, xusto cando parecía que o choque remataría co empate inicial.
 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co míster do Barallobre Borja Mesa:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/280926MESA.mp3

Fotografía Xan Xe

O adestrador do Barallobre, Borja Mesa, analizou o encontro e recoñeceu que o gol definitivo chegou froito da ansiedade local e do empuxe final do rival: "Sorpresa tampouco, porque estabamos nos últimos minutos, quizais un pouquiño ansiosos e perdidos por meter gol. No tramo final, As Pontes, en vez de estar replegado, foi arriba e conseguiu o premio".
A pesar do resultado, o técnico local salientou que os seus xogadores levaron o peso do partido na maior parte do tempo: "Creo que dominamos o ritmo do partido e o balón durante todo o encontro". Porén, encomiou a formulación táctica do conxunto pontés, que estivo "moi ben plantado no terreo de xogo, sabendo moi ben onde nos tiña que tapar e onde faciamos perigo".
 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora