Folga ante a morte da comarca de Ferrol

Folga ante a morte da comarca de Ferrol

10 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O sector naval, un sector estratéxico, está baixo mínimos. Por primeira vez na historia a carga de traballo é "0". O Porto exterior de Ferrol, estratéxico tamén, carece de tren. O pequeño comercio está pechando. Os xovenes marchan á emigración e a comarca convírtese nun deserto. Son algunhas das impresions que nos transmite o secretario comarcal da CIG, López Pintos, para xustificar a convocatoria de folga co

Os sindicatos están facendo asambleas polas empresas da comarca. Van constatando como van mermando os  planteis e como os traballadores-as están moi concienciados diante da folga. Nas conversas que manteñen os sindicatos co pequeno comercio e grandes superficies comerciais, coinciden no fondo. Saben que a comarca morre, e todos estamos no mesmo barco. Iso está claro. López Pintos afirma que os comerciantes saben que venden menos, saben que pechou o 25 % do pequeno comercio saben que 26 empresas pecharon e 16 presentaron expediente de regulación de emprego .

Os establecementos do Mercado de Recimil permanecerán pechados ao público o vindeiro mércores  día 12 de xuño con motivo da folga xeral convocada por todas as centrais sindicais. Hoxe enviaron a comunicación:

“Os comerciantes agrupados neste colectivo decidimos que a situación que vive a nosa cidade despois de tantos anos perdendo postos de traballo, pechando empresas e negocios necesita ser atallada de inmediato. É necesario parar esta sangría e é por iso que decidimos sumarnos a esta convocatoria. Resulta imprescindible para a nosa supervivencia que todas as forzas sociais, desde os cidadáns até os gobernantes comprendan a transcendencia que o pequeno comercio ten para a economía comarcal sendo capaz de dinamizar e crear riqueza. Necesitamos nestes momentos máis que
nunca medidas que reactiven o comercio e permítannos facer fronte á competencia das grandes superficies comerciais que pouco ou nada reinvisten na comarca.”

O BNG convoca esta tarde en Perlío- Fene-  a toda a xente que sinta que lle rouban algo: a xustiza, a sanidade, a educación, o traballo no naval...O BNG convocou un acto previo á folga comarcal, no CCRD de Perlío ás 20,30 horas. No acto intervirán persoas de diferentes sectores laborais e mesmo de espontáneos que nos darán a sua visión da situación que vive a nosa comarca. Unha caravana de coches sairá mañán polas ruas da comarca para chamar á folga. Os sindicatos agardan que a manifestación que sairá o mesmo mércores 12, ás 12.00h do Inferniño, sexa multitudinaria.

Sociedade