Folga de autobuses

Non queren falar
27 de Xaneiro, 2026 - 02:23 h. | Publicada por Radio Fene

Hai poucas esperanzas de solución na folga do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña, segundo recoñeceu o voceiro da CIG, Ernesto López, en declaracións a Radio Fene

 

 

ESCOITA O PODCAST:

A xuntanza de onte foi un fiasco, “unha pantomima, a patronal deu un portazo a negociar”, di o sindicalista. Os traballadores sairon decepcionados da xuntanza do martes no Consello Galego de Relacións Laborais e pensan que o conflito vai a peor logo de dúas negociacións fallidas. Nesta situación, non hai expectactivas de que se poida evitar a folga indefinida no servizo de autobuses a partir do día 2 de febreiro. Días hai, pero falta vontade de negociación, afirman os representantes dos traballadores “se non falamos é difícil que se poida arreglar”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora