Folga do metal

Folga do metal
19 de Maio, 2026 - 11:49 h. | Publicada por Radio Fene

A primeira xornada do metal na provincia da Coruña foi un éxito na comarca de Ferrolterra. En Radio Fene recollemos as declaracións do secetario de Industria da CIG na comarca, Sergio Martínez 

ESCOITA O PODCAST:

Amplo seguemento e tranquilidade en Ferrolterra na primeira xornada de folga do sector do metal da provincia da Coruña. Na comarca hai 4.000 traballadores chamados a parar en protesta pola falta de avances na negociación colectiva. A convocatoria de CIG, CCOO e UXT produciuse logo de fracasar a última mesa negociadora. O calendario de mobilizacións inclúe novas xornadas de folga para os días 26 e 27 de maio. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora