ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Goberno municipal de Fene apoia nas súas reivindicacións ao persoal de Veolia - Viaqua que está hoxe en folga. Reclaman un convenio colectivo digno e denuncian o bloqueo da negociación por parte da dirección da empresa. En Fene a alcaldesa, Sandra Permui, mostroulles o apoio nas súas reivindicacións que nos contou Rubén Rodríguez o presidente do comité intercentros.

A alcaldesa, Sandra Permui, e o tenente alcaldesa, Manuel Polo, recibiron a representantes do comité intercentros que explicaron ao goberno municipal a situación actual da negociación do convenio colectivo e as circunstancias que levaron á convocatoria de folga para hoxe. Logo do encontro, o executivo local fixo un chamamento ao diálogo para resolver o conflito laboral e garantir un servizo público de calidade.
O persoal de Veolia, a antiga Viaqua está en folga hoxe e reuniuse en Santiago para manifestase esta mañá. Ao redor de 570 traballadores ten esta empresa que leva o subministro da auga en Fene e outros moitos concellos galegos. Calculase que dá servizo a unhas 750.000 persoas.
Publica o teu comentario agora