ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Nova xornada de folga no ensino concertado. Por segunda vez desde que comezou o curso vai á folga o profesorado destes centros educativos nos que están empregados en Galicia 7.000 persoas. E hai novas convocatorias previstas informou Henrique García, de CIG Ensino.

A folga, convocada por todos os sindicatos do ensino concertado, tivo de novo un seguimento maioritario. O conflito trasladouse esta mañá ás rúas de Compostela. Dezaoito autobuses desprazaron a docentes de toda Galicia para participar nunha manifestación que saíu da Alameda e rematou diante da Consellería de Educación. Critican á Xunta por non negociar as súas reivindicacións. Se non hai avances nas próximas semanas as folgas repetiranse nos meses de novembro e decembro.
Publica o teu comentario agora