Foliada d´ases e Galilea compiten nas Peras de Pontedeume

Foliada d´ases e Galilea compiten nas Peras de Pontedeume
04 de Setembro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Peter Punk, Banda de la O e Burning actuarán este sábado 7 de setembro dentro das Festas das Peras de Pontedeume. O programa completo dos festexos inclúe unha previa para o venres coa actuación de Efecto Imperfecto (20h) Dani Royo Tributo a Antonio Flores (22,30h) e Great Straits Tributo a Dire Straits (00,00h). A cucaña marítima disputarase nas augas da ría do Eume o domingo oito á unha do mediodía. As orquestras Foliada d´ases e Galilea competirán musicalmente na verbena dominical nocturna.

Fotografía Xan Xe

O luns 9 ás dez da mañá principiará o concurso de froitas na Alameda de Raxoi. Poderase degustar sidra a partir das doce. Un recital poético en homenaxe a Ramiro Fonte, un concerto de Pablo Balseiro e a orquestra Assia darán o remate na xornada do luns. Xa o martes, o primeiro pase do Combo Dominicano comezará ás dez e media da noite. As doce, descanso para os fogos artificiais e o combate naval.Á unha da madrugada, segundo paseo do Combo. O mércores 11 realizarase a xira ao rio. Todo rematará coa verbena na Praza do Conde a cargo da orquestra Panamá.
 

Imaxe da festa das Peras 2022

Fotografía Xan XE

Sociedade

Publica o teu comentario agora