Foliadas e ruadas

Foliadas e ruadas
14 de Novembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Dependendo da zona, as foliadas se lles chamaba de diferentes maneiras, como seráns, ruadas, fiada ou fiandón. Hai quen cre que foliada se refire ao proceso de esfollar o millo, é dicir, quitarlle as follas. Chamémoslle como lle chamemos, o certo é que a principios do século XX estas xuntanzas facíanse coa intención de pasalo ben e socializar. Nestes encontros, que podían suceder en casas, cortes ou en sitios dedicados só a iso, eran as mulleres as que poñían a música e o canto, normalmente tocando a pandeireta, o pandeiro, as cunchas ou latas grandes nas que viña o pemento moído. Ou mesmo culleres e tellos de potas.

ESCOITA O PODCAST:

Terceiro episodio do podcast "As mulleres transmitiron o saber. Cantares e cantareiras" https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/121125MULLER.mp3

 

Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras, novas cantareiras

Facíano elas porque a gaita ou o acordeón, que tamén se podían escoitar nalgunhas ocasións, eran tocados normalmente por homes que cobraban polo servizo, cousa que non facían as pandeireiteiras. Aínda que, como en todo, hai excepcións. Coma o caso da gaiteira Felisa Vidal Nogueira, nacida en 1903 na parroquia de Bendilló, nas terras lucenses de Quiroga, moi coñecida na súa contorna.

Na imaxe Sabela Caamaño do dúo Caamaño & Ameixeiras

Unha produción de Emisoras Municipais Galegas coa colaboración da Deputación da Coruña

Cultura

Publica o teu comentario agora