Folk para comezar xuño

Folk para comezar xuño
01 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Música e baile, xantar campestre, actividades para nenos e artesanía. Nun entorno privilexiado. Este sábado celébrase na parroquia de Nogueirosa, en Pontedeume, o VI Castelo Folk. 

 

ESCOITA O PODCAST:

Cantos de taberna a cargo de Airiños do Eume, foliada e baile abrirán a programación do VI Castelo Folk. Manuel Mosquera presentará o festival. Actuarán o grupo xuvenil de Orballo, o grupo Ailá e os Carunchos. Unha cita organizada polo colectivo “Uns de aquí outros dacolá”. O tempo acompañará e o público asistente poderá gozar o atractivo engadido do seu emprazamento, a carón do castelo dos Andrade, que estará aberto e desde o que se poden ver magníficas vistas.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora