ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha tertulia sobre a história de Radio Fene e sobre o futuro do audio completou esta tarde o programa "Follas novas" de conmemoración dos 40 anos da emisora municipal decana de Galicia. Participaron o primeiro director da radio Pablo Lago, o escritor Antonio Tizón, o ilustrador Carlos Sardiña e o actual director Henrique Sanfiz. A moza de 16 anos Eva Sardiña cantou un tema en directo.

A aventura de Radio Fene comezou en 1984. A cidadanía sempre estivo no centro deste medio de comunicación local. Desde aquela data, pretende ser unha ferramenta ao servizo de veciños e veciñas, do movemento asociativo e da totalidade dos grupos políticos. Compromiso coa información de proximidade e coa dinamización social do comercio, deportes e da lingua e da cultura galega e universal. Aberta ao futuro do audio, expri-mindo as posibilidades do podcast pero tamén a maxia da radio en directo. Para este programa collemos o nome do libro de Rosalía de Castro “Follas Novas”. Rosalía naceu muller na Galicia do século XIX e participou dos movementos intelectuais da súa época. Como tal, como muller e como galega, escribiu e reflexionou sobre o mundo que a rodeaba. Nós aspiramos a divertir, entreter, informar e tamén propiciar a reflexión sobre o mundo que nos rodea.
Eugenia Sanmartin no programa Follas Novas
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora