ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O museo de Sillobre estimulará o pequeno comercio e fomentará a artesanía, agricultura e gandeiría. O espazo tamén servirá para potenciar e desenvolver proxectos culturais. Son algúns dos ambiciosos obxectivos dunha iniciativa na que colaboran asociacións e a administración local.
A Escola Unitaria de Sillobre converterase nun espazo museístico edicado á historia, memoria e patrimonio cultural da parroquia e da contorna rural de Fene. Así se acordou nunha serie de reunións celebradas entre representantes da Asociación Cultural Ferrolterra Antiga e da SCRD Agarimo de Sillobre, José Sardiña e Eva Mª Fraga, xunto co alcalde de Fene, Juventino Trigo e o concelleiro de cultura, Justo Martínez. A proposta, promovida polas entidades culturais, busca recuperar e poñer en valor a riqueza etnográfica de Sillobre, dinamizando o rural, estimulando o pequeno comercio e fomentando a creación de actividades produtivas ligadas á artesanía e á agricultura. O espazo tamén servirá para potenciar proxectos culturais xa existentes, como a Ruta das Lavandeiras ou a Ruta da Santa Compaña, e para desenvolver novos produtos culturais que reforcen a identidade local. Eva Mª Fraga, en representación de Agarimo, destacou a importancia de preservar a memoria
e o material histórico da parroquia. Hai moito interese en conservar o patrimonio de Sillobre, non só os obxectos e documentos, senón tamén as historias e vivencias que forman parte da nosa identidade. O espazo museístico será unha ferramenta clave para transmitir este legado ás xeracións futuras.
Un espazo de exposición e divulgación cultural
O proxecto contempla a creación dunha sala de exposición permanente dedicada á historia das escolas unitarias, ás lavandeiras e á vida tradicional da parroquia, ademais de outros espazos para exhibicións temporais, actividades audiovisuais e mostras fotográficas.Este futuro museo será un punto de encontro para a historia e a cultura de Sillobre, onde veciñanza e visitantes poderán descubrir como era a vida no rural de Fene, explicou Juventino Trigo. Este preacordo supón un primeiro paso para facer realidade un proxecto que busca recuperar, conservar e difundir o patrimonio de Sillobre, ao tempo que contribúe á dinamización cultural e social do municipio.
Publica o teu comentario agora