ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fomentar a deportividade e o compañeirismo nas categorías benxamín, alevín e infantil. Ese é o principal obxectivo da xornada Xogajudo que este sábado se celebrará en Fene. A Federación Galega de Judo organiza o evento que reunirá a máis de 260 deportistas e ás súas familias.
O pavillón polideportivo de A Xunqueira acollerá este sábado 16 de febreiro a xornada “Xogajudo” da zona Lugo e Ferrol. A cita arrancará ás 11 horas e prolongarase ata as 13 e, nela, prevese a participación de 263 judokas. O campeonato está patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a organización corre por conta da Federación Galega de Judo, coa colaboración do Concello de Fene.
Nesta fase participarán judokas de Lugo e Ferrol, cun obxectivo claro de formación por riba do competitivo. Proceden dos clubes A.M. Fene, A.D. Judo Ferrolterra, Grupo Bazán, Gimnasio Senra, Judo Club Lugo e A.D. Judo Muralla. Nestas idades tanto técnicos como federativos están dacordo en que hai que fomentar a deportividade e ese é o espíritu da competición. Así, o regulamento está adaptado en función da idade dos practicantes nas diferentes categorías: benxamín B, benxamín, alevín e infantil.
Publica o teu comentario agora