Fomento e Política Territorial desbotan duplicar a AP - 9 en Chapela

Fomento e Política Territorial desbotan duplicar a AP - 9 en Chapela

09 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Consellería comprométese, na contestación á alegación presentada polo Concello de Redondela, a respetar a liña de edificación na parroquia e rebaixar as afeccións. Na documentación remitida pola Consellería en resposta ás alegacións presentadas polo Consello parroquial e a administración local, Política territorial acepta rebaixar o proxecto inicial e “minimizar as afeccións así co

Así, segundo explicou o concelleiro de urbanismo, Emilio González Iglesias, a consellería acepta as alegacións realizadas e renuncia ás afeccións de 50 metros a cada lado da vía. Isto significa que só se verán afectadas seis vivendas e o colexio público de Igrexa, inmobles que deberán ser expropiados pola súa cercanía coa autoestrada, e non as 600 vivendas que se podían ver afectadas co proxecto orixinal tal e como estaba recollido no Plan Vigo Integra.

González Iglesias vaticina que este proxecto contará co apoio de todos os partidos políticos e que non implica un cambio de posicionamento. Argumenta que a obra é necesaria dadas as característica técnicas da autoestrada sumándose así ás voces que demandan a ampliación da AP-9.

O edil convocou unha asamblea aberta a todos os veciños o mércores ás 20:00 horas no multiusos do Piñeiral do Crego na que explicará o contido da resposta á alegación presentada ao Plan Vigo Integra así como o informe ambiental remitido polo Ministerio de Fomento no que xa se desbotaba a duplicidade da vía e se recolle que a ampliación será “de un carril en cada sentido”.

Institucional