Fomento ordenará en 2010 os pasos a nivel do tren en Fene

Fomento ordenará en 2010 os pasos a nivel do tren en Fene

05 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O paso elevado do tren no lugar da Torre, a Estación de Perlío, substituirase por un paso subterráneo, e o paso a nivel da zona do Cruceiro eliminarase coa construción dun paso elevado. As actuacións, que se completarán cun sistema de peche perimetral para o treito de 460 metros que completa o tren pola zona urbana de fen, resolveranse no ano 2010 con cargo de 600.000 euros nas contas do Ministerio de Fomento. Anunciouno así o delegadoo do Goberno en Galicia,

Louro conversou co rexedor local, Iván Puentes, a quen lle anunciou que o Goberno central adxudicará no mes de de cembro as obras de construción da base estratéxica de loita contra a contaminación mariña que terá sede no polígono de Vilar do Colo. O orzamento da actuación será de 10 millóns de euros e fornecerá a Fene dunha das dúas maiores bases estratéxicas de todo o Estado. Entrará en servizo en 2011.

O delegado do Gobeno lembrou asemade que o Ministerio de Medio Ambiente consigna 200.000 euros para a mellora dos accesos e da praia do río Sandeu e fixou no vindeiro ano a maior parte da execución da senda peonil dende San Valentín a Barallobre. O treito que pasa por Maniños executarase en 2011.

Antón Louro presidiu tamén á apertura oficial da praza do Ameneiral logo dunha reforma na que se investiron 120.000 euros e que supuxo o cambio de pavimento e iluminación dese espazo público, así como a creación dun parque infantil.

Institucional