ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Estamos nunha bocarribeira galega, baixando da Terra Chá por quebradas antigas e espidas a un val que ten a medida do ollo humano. Mondoñedo acúnase á entrada do val, coa cintura preta como se tivese muro que lle puxera marcos, e ten a mesma cór, lousa e ocre, que as sílabas ordenadas do seu nome, segundo dicía Álvaro Cunqueiro.
Mondoñedo é a melancolía e o silencio. A Cunqueiro Mondoñedo parecíalle algo inasequible e pantasmal, que existía quizais nun espellismo, pero que unha rafa de ar podía arremuiñar e aventar nun santiamén. Ainda en plenas feiras e festas, pode quedar un a ver medrar o silencio: literalmente a ver medrar a herba. O silencio é un produto da cultura, como a soedade.
Fonte Vella
A fonte, tal e como agora a vemos, foi construida polo bispo Soto e Valera en 1548. Püxolle no alto,entre columnas co Plus Ultra, o escudo do emperador Carlos. Soto era paxe en Tordesillas en 1517,cando Carlos, proclamado rei de Castela e de Aragón en Bruselas, e a súa irmán Leonor, chegaron dos Paises Baixos, e fixeron visita á súa naí, Xoana a Tola. Os dous irmáns fixeron tres reverencias, unha na porta, outra en medio do cuarto e a terceira inmediatamente diante da súa nai. Esta abrazounos e despediunos con rapidez.
A fonte que construiu Soto e Valera tiña dous grandes canos, e ao carón un pilón para abrevar o gando. Alí celebrábase o mercado de herba verde e palla, nos dias que duran as "San Lucas".
Publica o teu comentario agora