ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Prevención das condutas aditivas, nunha época da vida tan sensible como é a adolescencia. É o obxectivo que se marca a Concellería de Benestar e Igualdade co desenvolvemento dun proxecto que se desenvolve nos centros educativos en colaboración cos concellos de Mugardos e Neda, con financiamento da Consellería de Sanidade, como destacou en Radio Fene a pedagoga municipal María Xosé Paz.
Uns 300 escolares de 3º e 4º da ESO de todos os centros educativos que imparten este nivel educativo nos concellos de Fene, Mugardos e Neda son os destinatarios do programa "Non pasa nada, pasa algo?". Nos meses de febreiro e marzo impartiranse obradoiros para que mozos e mozas teñan información dos riscos da adicción a substancias como alcol ou drogas, pero tamén ás novas tecnoloxías. Unha información moi importante porque as tecnoloxías están ao seu alcance e moitas veces nin eles nin as súas familias son conscientes da facilidade e os perigos de engancharse a videoxogos ou xogos de azar.
Publica o teu comentario agora